CASTILLO DE DONCOS
En Santiago de Doncos, ás beiras do río Navia, atópase a torre de Doncos, case inaccesible no seu outeiro bordeado polo río coma un foso protector. A torre coñécese tamén como forteza de San Agustín e como "A Anca", en relación directa coa lenda do mesmo nome:
Estando o país cheo de sarracenos, na época da Reconquista, un dos trece cabaleiros de León que, obrigados por xuramento a defender ós cristiáns coas armas, pelegrinaban a Compostela, víu como unha parella de crentes era atacada polos musulmáns. Un deles tomou prisioneira á señora e tentaba fuxir con ela montada na anca do se su cabalo. Pero ó ver ós cabaleiros e sabendo que ía ser perseguido, deu media volta e dun tallo do seu alfanxe segou a testa da muller, para que ningúen poidera liberala nin comproba-la súa fermosura.
Do castelo orixinal só fica a torre, construida con laxas de lousa e anacos de granito, con acceso polo noroeste.